domingo, 8 de novembro de 2015

OUTUBRO. MAORÍES

Aquí tendes as fotos dos peques maoríes!!
Fixemos máscaras, collares, diademas, kiwis, tatuaxes e tótems. E bailamos o HAKA!

Click to play this Smilebox slideshow
O vídeo do HAKA que bailamos.
 
AQUÍ BAILANDO OS PEQUES DE 1ºA
 
  • Os maoríes viven en Nova Zelanda, que está moi, moi lonxe de Porriño.
  • O kiwi é un paxaro, símbolo de Nova Zelanda. Ten o tamaño dunha galiña. Ten o pico moi longo e non voa.
  • Os nenos maoríes estudian no cole dúas linguas: inglés e maorí.
  • O saúdo maorí é xuntando a frente e o nariz, e din "kia ora".
  • Os maoríes xúntanse nunhas casas moi grandes que se chaman "marae" que están decorados con moitas esculturas.
  • Aos maoríes gústalle tatuarse: os homes toda a cara e por todo o corpo, e as mulleres, a barbilla e os labios. Tatuaxe en lingua maorí dise "moko".
  • Fan moitas esculturas, sobre todo de madeira. Adoitan facer figuras humanas tamén con tatuaxes e coa lingua fóra.
  • Os maoríes usan canoas para desprazarse e pescar. As decoran con esculturas de madeira.
  • A súa roupa a fan con fibras vexetais e as decoran con liñas, círculos, triángulos, rombos..., normalmente de cor branca, vermella e negra.
  • A roupa típica das mulleres é unha falda, unha camiseta e unha diadema.
  • Os homes levan a falda, a diadema e unha banda que vai do ombro ata a cintura.
  • Tamén lles gusta levar collares e pendentes con amuletos que os protexen das cousas malas e de personaxes que salen nas súas lendas e contos.
  • A danza tradicional maorí chámase "kapa haka" que antigamante bailaban os guerreiros aos seus enemigos para darlles medo e que escaparan. Agora bailan o "haka" para recibir as visitas e dar a benvida.
  • Cando bailan o "haka", sacan a lingua e golpean o chan cos pes e poñen caras moi feas para asustar aos seus adversarios.
  • A selección de Nova Zelanda de rugby baila o "kapa haka" antes de empezar os partidos.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario