domingo, 29 de novembro de 2015

1ºA. 24-27 DE NOVEMBRO

Unha semana máis familias!!!!
Xabi experto en música. Unha horiña máis e nos monta unha orquesta na clase. Na súa salsa!

Click to play this Smilebox slideshow

 
Libretas viaxeiras pola clase coma a de Yoel, coas súas palabras bonitas. 
 

 
E David tiña pendente a de pegadas! Encantounos a súa páxina tan colorida!

Os peques de vez en cando me agasallan con pequenos tesouros artísticos feitos por eles mesmos, aos que adicaron o seu preciado tempo e agradézollo un montón. Grazas peques! Este debuxo de Breixo é unha chulada. Os outros estiveron a ver se puxo ben as restas ja ja!!!

Os poemas de Emma e Alba.




Isabela experta en pintar con acuarelas!!! Mirade que chulo! Fíxoo nun momentiño ela sola!

Outra artista na clase, Ainoa, que xa fai debuxos en 3D!


As palabras bonitas de Nicole.

A libreta de roupa por Yoel.

Fixemos esta ficha de atención que costounos un pouco e iso que de primeiras parecía sinxela.

Xabi trouxo un libro chulísimo para compartir connosco que nos gustou moito e por iso lle pedimos se nolo deixaba algún día máis na clase.

Esta semana estivemos coas mesas colocadas doutra maneira!!!


As palabras bonitas de Emma.

Lemos un libro dun neno que estaba como tolo porque lle caíra un dente e empezamos unha gráfica dos dentes que se nos van caíndo.
 
 E aquí tendes unas fotos do acto do mércores co instituto. A verdade é que non está moi ben organizado e os peques estaban ao final de todo e non se enteraron das lecturas que fixeron. O encargado de ler da nosa clase foi Breixo que o fixo xenial.
Click to play this Smilebox slideshow

Por último recordarvos como vos dixen por tokapp que o festival será o xoves 17 para os nenos de todo o colexio e o venres 18 para as familias. Nos xa empezamos cos ensaios. Ímolo pasar moi ben que é principalmente do que se trata!! E para que quede máis chulo propoño un vestiario:
nenos: zapatillas deportivas blancas, pantalón de chándal frouxo gris clariño, camiseta blanca axustada e o pelo peinadiño, con gomina, ou tupé, ou cresta...
nenas: zapatillas deportivas ou bailarinas blancas ou rosas clariñas, panties blancos, falda de tul rosa clariño, camiseta blanca axustada, e pelo recollido nun moño(podedes usar o donut; había nenas que xa falaban del!) e pode vir decorado cunha flor ou cunha lazada pero ten que estar ben suxeito para que non se poida caer durante o baile.
Saúdos

 
 
A sesión de fotos, engadindo algunas das que fixeron este venres, e cos peques que non puideron vir o venres pasado. 
Click to play this Smilebox slideshow
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario