domingo, 22 de novembro de 2015

1ºA. SEMANA 16-20 NOVEMBRO

A SEMANA MAGO DE OZ!
O libro que trouxo Arón para compartir connosco e que nos acompañou no Samaín e no Magosto volveu para a súa casa e con dedicatoria de Paco Nogueiras. Leveille o seu libro o día do concerto que tiña en Vigo.
 


A nosa experta Nerea presentounos dous proxectos: un de xardinería e outro de maquillaxe. Agora na clase temos dúas plantiñas máis que nos encargamos de regar nos recreos e que nos decoran a clase. Quixo ter de axudante a Julia!














A Yoel tocoulle conto e tomouno moi en serio. Contounos un conto de piratas que nos gustou moitísimo e trouxo as moitas cousas que ten de piratas!




Ainoa engadiu follas á libreta de roupa que pronto terá os modelos máis guapos, reguapos.

As palabras bonitas de Xabi.
 A adiviña de Ainoa.
O poema de Isabela.
A adiviña de Álex.

Sabela fixo na casa este mural xenial sobre o mago de Oz. Contounos todo o que puxo e o colocámolo na clase para disfrutar del. Grazas!

 Vimos a peli e encantounos!!! Estiveron super atentos e pillaron un montón de cousas!!! Falamos dos actores, das personaxes, dos sentimentos, dos desexos...

Isto é una merenda e o demais son pamplinas!!! dou fé de que pode comelo enteiriño!

As palabras bonitas de Nerea.

Do 1 ao 10 por Saray.
 
Inspirados por este cadro de Dalí e empregando fotografías, rotus e acuarelas fixemos a nosa obra.





O conto de Sabela a dúas bandas co seu pai, con historia e marionetas de confección propia!




O que máis molaba era como explotaba os globos!



Yoel trouxo un peluche de león que dicía era igualiño ao que salía no Mago de Oz!

Sheila veu ler coa súa nai, unha páxina ti, unha páxina eu!!! Tamén trouxo a Emma,o seu bebé boneco.


Aproveitamos a nosa visita semanal á biblioteca para que Sabela nos lera as súas palabras bonitas...


e Julia nos lera o que escribiu na libreta de roupa.

O noso super, extra, mega guapo e elegante Édgar trouxo uns ovos para ensinarnos que nos encantaron. O día estaba tan emocionante que non acordaba moito o que tiña que contarnos. O grande dixo que era de galiña grande, o  blanco doutra galiña pero máis pequena e o verdoso, de pata. correcto? O blanquiño non chegou enteiro ao remate da mañá. Upps! os outros dous deullos a dous grandes amigos: Xoel e Emma. Grazas familia! Estas cousas son xeniales!!!! Aos peques lles encantan! Moitas grazas.



Poñémonos elgantes para xogar ao tres en raia.

Por se non houbera xa tanta emoción, Isabela estaba de aniversario e a tarta estaba boísima. Bueno iso dicían, porque a remataron nun plis plas.


Yoel trouxo un pen con fotos e contounos como fixo un traballiño nun dos libros que van para casa. De paso ensinounos a súa habitación, a súa irmán. Vamos que encantados! Co que nos gusta ver fotos e ver aos nosos compañeiros e que nos conten cousiñas!
pa


Se vas ver ao mago de Oz que lle pedirías?
 
Aquí tendes uns dos libros do Mago de Oz que fixemos, o de Breixo e o de Yoel. 
 


Álex trouxo unha morea de landras para todos nós asi que o martes faremos un traballiño con elas. Grazas


E por último o que todos estades esperando! A grande sesión de fotos! Faltaron  5 nenos pero me dixeron que llas colgara no blog a finde que querían velas xa! que presión!! houbo un peque que ata me dixo que podía facelo o venres pola tarde que así as vían pola noite que total non había clases e eu non tiña nada que facer, ja ja!! Bueno ahí están, tiven que facer una super selección porque non paraban.. Teremos que repetir outro día porque non deu tempo a que todos fixeran fotos. Gustoulles moito a actividade. E ahí podedes ver que na clase temos grandes fotógrafos e grandes modelos. Grazas familias por mandalos ao cole tan reguapos!!!
Click to play this Smilebox slideshow
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario