sábado, 28 de novembro de 2015

1ºB REMATAMOS NOVEMBRO

O luns Miguel contounos o conto dos tres porquiños, para elo veu acompañado da súa nai, cargadiños de bolsas nas que escondían... as casas dos porquiños!!!

Yaiza tiña moitas ganas de contarnos un conto que se sabia de memoria, e nós moitas ganas de escoitala.



O mércores foi o día CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, e 1ºB tamén quixo recordalo con distintas actividades.
Na clase limos o conto de Rosa Caramelo e falamos moito sobre a igualdade entre homes e mulleres.

Tomás e Claudia trouxeron pareados para o concurso da biblioteca en contra da violencia.

E participamos co resto do centro nunha cadea humana contra a violencia de xénero

 
Ademais, como cada mércores tivemos dous expertos.
Uxía, experta cociñeira de galletas. Trouxo a mostra para demostralo






E Adrián experto en coches.



Na clase pasaron ademias moitas cousas interesantes e divertidas.
Yaiza e Daniela foron xemelgas por un día

 
Un montón de nenos e nenas coincidiron na merenda cun iogur
Adrián trouxo animais a clase para compartir cos compañeiros/as

E Samuel trouxo un pen cheiño de fotos de viaxes para compartir coa clase e contarnos as súas experiencias


 
Ainhoa trouxo a clase un poni que facía volteretas!
E todos os días nos "pelexamos" por ser os encargados de limpar a clase


 

 
Como xa anunciaramos esta semana xirou entorno ao estudio dos dentes, aprendimos moitas cousas. Que os nenos non teñen o mesmo número de dentes que os maiores, como hai que limpialos, que tipos de dientes hai... Ademais estivemos comprobando a nosa propia boca a ver cantos dentes xa nos caeron.

















E tivemos moitas libretas viaxeiras por clase.

A libreta da roupa a trouxeron Tomás e Iovana

Sara contounos unha adiviña
Eloy e Aarón recitaron bonitos poemas

Antía.S e Daniela trouxeron a libreta das pegadas dos dedos

Pablo, Tomás e Samuel trouxeron problemas de mate á clase.
Ricardo buscou palabras coas letras do seu nome
Ainhoa estrenou a nova libreta "imaxina un mundo cor de rosa"
E Claudia e Pablo fixeron bonitos debuxos

 
Tamén visitamos a aula de informática porque NOS ENCANTA IR




 
E o venres fumos a biblioteca onde escollemos novos contos para levar a casa e ademáis... LEMOS UNS PAREADOS moi divertidos, tan divertidos que quixemos ir a aula de psicomotricidade para poder facer o que estes nos odenaban,





Na clase de Plástica coa profe Giovanna fixemos bonitos mandalas.













Ningún comentario:

Publicar un comentario