mércores, 30 de setembro de 2015

1ºB NICO EXPERTO EN IPAD

Nico demostrounos que é un auténtico experto no ipad e que con el pode facer moitas cousas distintas.

venres, 25 de setembro de 2015

1ºA. INFORMÁTICA

A nosa primeira sesión de Informática resultou  moi ben. Traballamos co Lobo Matías no nivel 2, inda que algúns tamén probaron o nivel 1 e o 3. O Lobo Matías é unha páxina moi intuitiva, ideal para traballar os peques destas idades e que nun par de sesións serán autónomos no seu uso. Aquí  deixo o enlace para probar na casa:
 







1ºA. PROXECTO DO CORPO HUMANO

Edgar trouxo da casa un xogo para practicar o nome das partes do corpo, os nomes dos ósos e dalgúns órganos. Explicounos como se xogaba e deixounolo probar. Moitas grazas.
 


A profe propuxo un reto nada doado. Chuparse o codo! ja, ja! Non fomos capaces e iso que parecía moi sinxelo!





Xabier propúxonos outro reto. Cando o facía él parecía sinxelo pero cando o intentamos nós...so algúns foron capaces de conseguilo.




 
Tivemos unha visita moi especial. MANOLO!!! Si, si, Manolo!


Grazas a Manolo puidemos rematar o noso esquelete que nos quedou chulísimo. Tamén din os nenos que Manolo parece que se namorou na nosa clase!




 
Limos o libro "Plantas " do xaponés Genichiro Yagyu co que aprendimos un montón de cousas moi interesantes e que nos deu ideas para facer na clase para a próxima semana.
 
 Como no libro dicía que nos aplaudíramos coas plantas dos pés e somos moi obedientes...





1ºA. BREIXO. DEBUXOS CON HUELLAS

Esta semana estreamos unha nova libreta que ten moitas posibilidades de ser unha das súas favoritas. Os peques fan debuxos utilizando a huella dos seus dedos. Breixo foi o encargado de empezar e fixo un montón de debuxos que nos encantaron. Foille moi difícil decidir a quen pasarlla! Había moitos voluntarios!
A libreta vai nunha carpeta coa tinta e cun libro con moitas suxerencias inda que por suposto son libres de debuxar o que queiran.
 


1ºA. ADIVIÑA DE RUTH

Ruth traeunos a adiviña que máis nos costou polo momento. Nola tivo que ler varias veces pero inda así non fomos capaces de adiviñala. Por certo, a sabía de memoria! Cando nos dixo a resposta fomos atando cabos! Moi boa !
 
 

1ºA. ESPONTÁNEA DO DÍA

Non lle tocaba a Nicole contarnos un conto pero tiña tantas, tantas ganas de contarnos o conto de Carapuchiña Vermella que non nos puidemos resistir. En realidade, do que tiña máis ganas era de pór o vestido de flamenca que traía para a ocasión! Con seu habitual desparpajo fíxoo xenial, ela non ten vergoña ninguna e a expresión oral a ten bastante dominada!!! Unha crack!
 

1ºA. POEMA DE AINOA

Ainoa escribiu un poema do Sol e preparou unha diadema chulísima para a lectura. Fíxoo estupendamente!!! Non me canso de darvos as grazas ás familias pola vosa colaboración.  
 
 

1ºB POESÍA DE IOVANA

Esta semana estreamos dúas libretas viaxeiras, unha de poemas e outra de adiviñas que viaxaran por as vosas casas. Iovana foi a primeira en escribir un poema. Aquí os deixamos a súa bonita poesía!

 

mércores, 23 de setembro de 2015

1ºA. ANIVERSARIO DE KARINA

Levamos unha semana chea de aniversarios. Hai moitos peques de setembro nesta clase! Karina trouxo una tarta de Frozen que foi todo un éxito. Debía estar moi boa porque repetiron moitos e non quedou nin unha miguiña.

1ºA.O CONTO DE NEREA

Nerea foi a encargada de empezar co proxecto dos contos. Elexiu o conto " A princesa e o guisante". Para  a sesión púsoxe un vestido de princesa. Todos estaban dacordo en que estaba guapísima!





1ºA. ARÓN, EXPERTO EN FÚTBOL

Inauguramos o noso proxecto "Experto en..." con Arón, experto en fútbol. Contounos un montón de cousas: en que club xoga, como é o seu adestramento, que leva na súa bolsa de vestiario, como se poñen unas espinilleiras... De seguro que me olvido dun montón de cousas!
Ensinounos o seu álbum de cromos e comprobamos que coñece a todos os equipos da liga pola súa equipación. Contounos que ler os nomes dos xogadores axudoulle a aprender a ler. E iso que algúns son rarísimos!
Trouxo un futbolín que foi a envexa dos moitos futboleros da clase e ensinounos o que é un fóra de xogo, un saque de banda, un saque de corner, un penalti...
Tamén nos ensinou o seus pequenos tesouros: as súas camisetas de fútbol e os seus balóns favoritos.
E para rematar, saímos o patio e amosounos as súas dotes como guardameta.
Grazas Mami por traernos todas estas cousas. Como nos gusta ter visitas!