domingo, 8 de novembro de 2015

1ºA. SEMANA DO 3-6 DE NOVEMBRO

Ola familias!!!
Aquí tendes algunas fotos desta semana.
Moitas libretas viaxeiras. Álex leunos o seu poema do caracol e fíxoo xenial.
 
 
 
 Sheila currouse unha páxina na libreta de huellas que foi moi alabada polos seus compañeiros.

Arón foi o encargado de iniciar unha nova libreta: a libreta de palabras bonitas, que leva incluída unha caixiña con sellos coas letras.

Un novo nome para a nosa libreta de nomes: HÉCTOR. Fixo todas as letras con nomes de animais. 

Ruth engadiu unha nova páxina a nosa libreta de pegadas, que incluía ao noso Manolo, xa un clásico. 

Máis palabras bonitas, esta vez escritas por Álex.


 Nicole engadiu unha nova páxina na nosa libreta viaxeira "do 1 ao 10".

Tamén estivo pola clase a libreta viaxeira das adiviñas na que Hugo incluíu una adiviña chulísima que lles costou acertar e que lle fixeron ler varias veces:

Algúns dos traballiños que fixemos esta semana:







 
E no proxectos deste trimestre, Emma preparounos un conto cun libro que estivo varios días por clase que lles gustou moito.

 E Édgar, no proxecto "experto en" falounos dos slugs e deixounos probar a todos as pistolas. Grazas as mamás que acompañaron aos peques! Por certo que lle dixen aos peques que logo lles diría o que era slug en inglés e pasouseme. Slug en inglés é un animal: a babosa. A ver se xa saben entón porqué se chaman así...












 
Conteilles o conto "Unas gafas para Rafa" e trouxen unhas gafas para quen as queira por, e son todo un éxito. Falamos moito de levar gafas...non sei que teima terá a profe coas gafas...para a semana saberemos o porqué.







 
Levar gafas é guay!!! Mira que guapiños os que levamos gafas!!! Case, case o mesmo modelo de gafas, iso xa é casualidade!

E tivemos tempo tamén de xogo libre na aula. Eu poño os materiais, eles a súa imaxinación e creatividade.














 
Se en outubro traballamos maoríes, novembro é o mes de Dalí. A ver , a ver que se nos ocorre. De momento estamos a pintar este barco en papel de mural coas tizas.
 
Ademáis esta semana o noso compañeiro Arón xa ten en casiña a súa irmanciña e polo visto está encantado. Noraboa!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario