sábado, 14 de novembro de 2015

1ºB Segunda semana de Novembro

Boas familias!! aqui estamos de novo!! Como sabedes esta semana estivo marcada pola festa do Magosto, pero por supoto fixemos  moitas cousas mais!
Empezamos, como cada semana, cos CONTACONTOS

PABLO, trouxo un libro moi gordo co seu propio nome!!! Nel habia moitas historias!
ANTÍA SOUSA contounos un conto de Dora.

Tamén contamos na clase o conto de "Se me mueve un diente" e descubrimos que hai nenos/as da clase aos que ainda non se lle move nin caeu ningún dente. Pareceunos un tema moi interesante!! Pronto faremos un traballo na clase sobre isto.
Continuamos traballando o tema da alimentación, en concreto dos beneficios das froitas.















 
 
E tomamos unha froita na clase que non é  moi famosa pero si moi rica, a granada




 SAMUEL demostrounos que é todo un autentcio experto en taekwondo. E para elo veu acompañado do seu pai, moitas grazas pola axuda!







Tivemos moitiiiisimas libretas por clase estes dias!
AINHOA e YAIZA trouxeron a de adiviñas



IOVANA e AINHOA a de debuxos


SAMUEL, MIGUEL e ALEX a de poemas



PABLO e ELOY trouxeron a libreta da roupa


 UXÍA, TOMÁS e LUIS trouxeron a libeta dos nomes


MIGUEL e NICO trouxeron a dos problemas



Esta semana cambiamos a organización da aula, agora estamos sentados en dous grupos grandes. Gústavos?
Unha actividade que nos gustou moito e facer sumas con dados!










Tamén nos gusta moito recitar a poesía do outono!!!


Brais, Samu e Nico lanzáronse a rapeala

ANTÍA.S. e CLAUDIA fixeron unha bonita canción

Como traballamos tanto esta semana descansamos un pouco e profe puxonos por petición popular a canción de Frouzen que nos encanta
E por suposto tivemos tempo a xogar, ademais temos xogos novos na clase! Entre eles un baul de disfraces

















E por último queremos ensinarvos todas as actividades que fixemos do MAGOSTO. Cos cartóns de leite fixemos cestos para levar as castañas que na casa podemos reutilizar como bote para lápices, por exemplo. Escribimos o conto "da castaña que rebentou da risa", e fixemos bonitos mandalas de outono.























E isto é todo por agora!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario