sábado, 30 de xaneiro de 2016

DIA DA PAZ

Aquí deixamos algúns videos e contos para falar sobre a PAZ.

1ºB SEMANA DO 25 AO 29 DE XANEIRO

Esta semana estivo marcada como sabedes polo día da PAZ, pero iso non nos impediu facer moitas cousas coma sempre. Aquí tedes unha mostra das libretas viaxeiras desta semana:






No proxecto de ciencias estamos estudando as distintas vivendas que hai nas cidades, observamos o plano dunha casa e debuxamos o plano da nosa habitación. Tamén comprobamos que os números pares e impares serven para ordear as casas nas rúas. Ademais Daniela trouxo un atlas para ver na clase.

Tamén descubrimos o significado das cores dos aros olímpicos.
En mate seguimos traballando o cálculo de diferentes formas.
Xogamos a formar palabras e a relacionar palabras con debuxos.


E xogamos cos novos xogos de inxenio.

Escribimos moitas cartas que repartimos o venres.
 
 
Antia Rodríguez traballou moito en casa e trouxo ao cole un montón de traballos para ensinarnos.
 


E para celebrar o día da PAZ contamos diferentes contos e vimos distintos cortos en Internet.
Fixemos pulseiras pola Paz e un debuxo utilizando as nosas mans.




Investigamos sobre o conflicto de Siria e quixemos solidarizarnos con este País participando nun mural colectivo de mensaxes de Paz que se fixo no colexio, e asistindo ao contacontos de Ali Ali.

Ali Ali firmou autógrafos e todo!
E por último felicitar a Antía Sousa que gañou o premio Nobel da Paz deste ano na nosa clase, PARBÉNS Antía, ainda que chegamos a conclusión en clase de que hai moitos nenos e nenas que tamén merecían o premio, porque a clase de 1ºB esta chea de bos compañeiros/as, felicidades tamén a todos os que non gañaron pero no seu interior saben que están facendo as cousas ben para facilitar a paz e a convivencia en clase.


E por último aquí deixamos unha canción a favor do RESPETO, AMOR, AMISTADE, IGUALDADE (palabras que aprendimos esta semana) que nos levan á PAZ
 

xoves, 28 de xaneiro de 2016

VISITA ESPECIAL

Mañá, venres 29 de xaneiro, temos unha visita moi especial, a do pintor Sirio afincado en Galicia Ali Ali.Podedes entrar na súa web para saber algo máis del e ver algunhas das súas obras. http://alialilito.com/ http://alialilito.com/

sábado, 23 de xaneiro de 2016

1ºB: 18 ao 22 de xaneiro

Empezamos cunha mostra das libretas viaxeiras de esta semana! Mirade canto traballan todos/as en casa!!!




 
 

Continuamos co novo proxecto, Pablo e Nico aportaron novos instrumentos a nosa investigación
Como parte do proxecto estivemos estudando esta semana o tempo atmosférico!
Fixemos un libro e nós mesmos nos transformamos en meteorólogos.


Tamén traballamos cos periódicos esta semana, vimos as partes (sección) nas que se divide, cada quen buscou a noticia que lle chamou mais atención... e por suposto miramos o mapa do tempo.




Ademais en lingua "estudamos" o abecedario, ainda que case todos xa o sabían de memoria!
 Fixemos un estudo cos nosos nomes, e comprobamos cantas letras, vogais e consoantes, tiña cada un.

 
En matemáticas tamén estamos aprendendo moitas cousas, estamos a facer moito traballo de sumas e restas mentais, pero tamén de series numéricas, aquí tedes unha mostra.


Xogamos con xogos novos que despertaron o noso inxenio.


Tivemos momentos novedosos, Ricardo e Antia.R quixeron ensinarnos uns xoguetes. Miguel trouxo unha flor preciosa con material reciclado e Claudia inventou unha "canción" para o Entroido.


Aquí os nenos/as que esta semana trouxeron froita

Tivemos dous cumples!!! PARABÉNS LUIS E AARÓN!!!!!



Coma sempre estivemos na biblioteca e en informática. Nesta ultima empezamos a traballar co PowerPoint. Nos despedimos ata a semana que ven cunha foto que mostra o concentrados que están todos/as cando traballan!!!