venres, 23 de outubro de 2015

1ºA

Ola familias!!
Aquí tendes fotos dalgunhas cousas que fixemos no cole esta semana.
Empezamos dunha forma moi doce, cun obradoiro de magdalenas por parte da nosa experta Sheila. A súa mamá acompañouna para traer as magdalenas que fixeron xuntas o día anterior. Trouxéronnos montóns de cousas para decoralas ao noso gusto: chocolate, azucre avainillado, obleas... Gustounos moito decoralas e sobre todo comelas! Foi un almorzo moi especial!
 












 

Esta semana a libreta vixeira de poemas veu de volta da casa de Ruth. Nola leu xenial!
 
 
A proposta na libreta viaxeira de pegadas de Emma foi de Halloween e fixo a Manolo!!!
 

Nicole engadiu unha adiviña a nosa libreta.




David encargouse esta semana da nosa libreta viaxeira do 1 ao 10. Ademáis David nola leu moi ben! E que David é un experto lector!


Esta semana tamén foi o turno de Ruth de contarnos un conto. Elexiu o conto da Arca de Noé. Tiña preparado una presentación de fotos e un libriño feito por ela mesma.


A nosa libreta favorita foi ata a casa de Ainoa que fixo un montonazo de cousas chulísimas.

A libreta de nomes vai ampliando o seu repertorio e esta semana engadiu un novo nome: Sabela.

Xa case somos expertos en facer sopas de letras! Xa levamos varias e cada vez dásenos mellor e iso que hai un montón de letras xuntas!

Temos na clase unha cesta con productos de outono que foi traendo a profe: noces, kiwi, cabazas, maíz...de seguro que vai a ir medrando.

Héctor foi o encargado que quitarlle as follas á espiga. Molounos un montón! Incluso algún levou unha boa sorpresa!!


Sabela presentounos o seu proxecto "Experto en...". Ela é experta en tattoos!! Mira que se fixeron tattoos ese día porque ademáis sabe facelos de formas moi diferentes: con auga, cuns bolis especiais, con purpurina e un pegamento para a pel e nolos fixo en tódalas partes que se nos ocorrían: no nocello, nas mans, no pescozo, no brazo... A súa nai axudoulle a dar resposta a toda solicitude canta había!




















Collimos gusto a traballar coa regla así que estivemos con ela medindo uns debuxos.



 
 
 

Tamén fixemos una ficha de atención que resultou ser máis difícil do esperado. Os animais estaban ben agochados!



 Nerea trouxo un poema de Gloria Fuertes que nos gustou moito.


Hugo trouxo un xogo que incluía un aparello para escoitar os nosos latexos que tivemos que probar todos. Encantounos!! Tanto nos gustou que inda non llo devolvimos!!


Esta semana Xoel fixo coa súa nai unha obriña de títeres. A ver se adivinades o título polas fotos? Nolo contaron dúas veces!! E logo inda por riba nos deixaron probar a todos  os títeres, que ademáis os confeccionaron na casa. Pero que sorte temos con estes papis e mamis! A verdade é que nos gustou moitísimo!!! O gran protagonista foi o lobo.  Todos querían coller ao lobo! A nai de Xoel propúxonos que agora que tiñamos os títeres teríamos que practicar e preparar algo, así que temos deberes na clase. Porei mans a obra para argallar algo cos peques. Encantada de escoitar todas as vosas propostas.











Inda de ter tantas cousas chulis tamén temos que traballar!!! Estamos a facer os libros de texto de lengua e matemáticas e algunha outra ficha complementaria. Cada vez lemos e escribimos mellor!

 
  E algún día queda un oquiño para os xogos.







Héctor engadiu unha nova páxina a nosa libreta do 1 ao 10. E como ese día tocaba biblioteca nola ensinou e leu alí. A profe aproveitou para nos ler as adiviñas dun libro que hai que ler a escuras e cunha linterna ( e que ademáis vai na mochila viaxeira!!!)

Yoel trouxo uns saltóns para ver. Gustar gustounos a eles... non tanto! Levaron unha tunda os pobres de man en man! Yoel aseguroume que logo os liberaba! A Yoel encántanlle os bichos e moitas veces nos recreos anda tras eles!! O millor xa ten descuberta a súa vocación!




Julia pasa a formar parte da nosa libreta de nomes!

Estivemos a facer sumas coas cartas da baralla española.


Coa pizarra magnética estivemos a formas palabras de dúas sílabas. Inda nos rimos un rato con algunas das ocurrencias!

A pizarra magnética tamén a usamos para facer sumas.



Seguimos a traballar coas letras a través de puzles e diferentes xogos.



O tangram é un clásico!




Na casa de Sabela pintaron as patas ao seu gato para que fixera as súas pegadas! Ao gato o fixo coa pegada da  súa man. Polo visto o gato manchou algo máis que a libreta...

Seguimos a traballar cos nomes e despois de facer esta fichiña estreamos a libreta e escribimos os nomes dos nosos pais, nais, irmáns e avós. Tivemos moitas dúbidas. Normal! Algúns nomes son moi difíciles de escribir! Seguiremos a practicar.

Do 1 ao 10 por parte de Ruth!

David leunos o conto de Carapuchiña Vermella.
 
E para rematar póñovos uns vídeos dalgún dos nenos que saíron a rapear o poema "La araña y el ciempiés". Como xa o saben lles encanta repetilo e a idea de rapealo foi o máis. Están fenomenal! Uns cracks!
 
 

Esta semana estivemos a traballar co proxecto de Sociais de "Os maoríes" pero iso irá noutra entrada aparte. Quedounos xenial o mural. O venres faltaron algúns nenos para facer foto e nos queda unha alfombra por rematar. Cada curso traballou un tipo de máscara, en primeiro, eleximos as maoríes e había que facer un mural para expoñer no corredor para o resto do alumnado. Nós aproveitamos para aprender un pouco máis sobre eles, onde viven, como visten...

Ningún comentario:

Publicar un comentario