sábado, 17 de outubro de 2015

1ºA

"Super Sheila" coa libreta de nomes.

Xoel deixounos coa boca aberta coa súa aportación á libreta de pegadas.
 
 
Super currada a adiviña de Saray!
 

 
Grazas polas flores! Mirade que ben nos quedaron!

 
Ulindo a lavanda e o laurel. Non se puñan dacordo sobre cal lles gustaba mais ou menos. A moitos nenos non lle gustaron nada estes olores, non lles parecían agradables. 



 
O super poema de Édgar, capitán América! 

 


 
Proxecto "Son experto en...". Tocoulle o turno a Yoel, experto en pintar ás caras. Primeiro pintouse a el mesmo e logo a varios compañeiros e compañeiras. Fíxoo xenial, a verdade é que se lle da moi ben. Pintar as caras é moi difícil e exixe moita precisión e motricidade fina nas mans e nos dedos que a estas idades inda se está a desenvolver. Motricidade que necesitan para escribir, ser capaces de facer as diferentes letras, modificar o tamaño da letra, subliñar...
Trouxo fotos de toda a súa familia maquillada co que nos demostrou que xa ten una dilatada experiencia neste campo!  Como nos gusta ver fotos!

 
 
Mans á obra!! Dar ás grazas a súa mamá por traernos todos estes materiais! Todos os nenos e nenas que quixeron maquillarse foron maquillados! Tivemos que botarlle una man a Yoel porque somos moitos e o pobre non daba para tanta solicitude.




Ahí temos en acción ao noso maquillador oficial. 














Sobra dicir que nos encantou! Está xenial que os peques poidan amosar estas virtudes aos seus compañeiros! 




Esta semana Yoel tamén fixo a súa adiviña na libreta. Gustounos moito.


 
E por fin Arón veu a clase xa case recuperado. Botábamolo moito de menos! E nos trouxo a libreta do 1 ao 10 coa súa aportación.

Estivemos a escribir todos os nomes da clase e a malvada da profe nos deixou un oco case imposible para algúns! A que están todos moi guapiños?
 





Esta semana tamén celebramos o cumple de Julia. Nunca un pastel durou tan pouco tempo na mesa! Madre mía! Que forma de comer donuts!

 
Mirade que dúas! amor en estado puro!
 
O día da tarta non nos dimos conta de que viña una bengala así que nos quedou para o día seguinte. Gustoulles moito! E aproveitaron para cantarlle o feliz cumpleaños e por iniciativa de Karina o Happy Birthday
 
Estivemos lendo na biblioteca. 

 
As bibliotecarias!







Estabamos tan a gusto que Nerea nos leu alí a súa aportación á libreta de nomes. E logo, ata que nos sonou o timbre para marchar a E.F, algúns salimos a contar contos, chistes, invencións...




 

As placas están cheíñas  de fungos. A que mais as de mans despois de vir do recreo! Como limpamos e lavamos ás mans o día que o vimos! Polo de agora quedounos claro a importancia de lavar ben as mans con auga e xabón varias veces ao día!

Anxo trouxo un poema. Púsoxe moi nervioso na lectura. Tendes que saber que non é tan fácil falar diante dos compañeiros! Iso sí, non perde nunca esa sonrisa tan bonita!



Édgar fixo a súa aportación a libreta de nomes que nos está a quedar chulísima.
 
O poema de araña e o cempés, que lles encanta recitalo todos xuntos, está incluído neste libro da editorial SM chulísimo e que de seguro imos utilizar noutra ocasión. Neste libro se inclúe un poema por cada letra.

 
 
 
En Informática estivemos a traballar con Ara e Belbo. Na páxina do blog que pon WEB tendes os enlaces.
http://pequenosdetectives.blogspot.com.es/p/web.HTML

Ningún comentario:

Publicar un comentario