sábado, 10 de outubro de 2015

1ºA CONTO DE NICOLE

Nicole veu acompañada da súa tía e da súa avoa para contarnos un conto. O protagonista era un gato así que non dubidou en vestirse de gatiña ela  mesma. Estaba guapísima!
 

Tamén quixo ensinarnos o ben que baila e fíxoo con una canción nada doada: "Let it go" de Frozen. Baila moi, pero que moi ben! Moitos compañeiros quixeron acompañala.


E como colofón, a súa tía pintou cariña de gatiños e gatiñas aos compañeiros que quixeron. E iso, molou moito! Como nos gusta pintarnos! Grazas familia!
 








Ningún comentario:

Publicar un comentario