domingo, 4 de outubro de 2015

1ºA. MÁIS COUSAS...

Anxo trouxo un debuxo que fixo na casa coa axuda da súa familia para decorar na clase. Explicounos como o fixo e que empregou para facelo.

Vós non o sabedes pero aos peques encántanlles as coincidencias nas merendas. Como a dese día era moi especial sacamos foto e todo: os 4 da mesma mesa co iogur de beber do Mercadona!


En plástica fixemos as pegadas da man e unha decorámola coma un PEACOCK, un pavo real.


Como nos facía tanta ilusión ter unha regla se nos ocurriu que xa poderiamos empezar a empregala. Madre mía que ilusión lles fixo! Nin que tiveran nas mans a Tablet último modelo! Había quen a tiña de 20 cm!!! O pillaron xenial e encantoulles así que aproveitareimos para facer algunhas cousiñas máis.








Édgar trouxo estas flores tan chulas que quedaron xenial en auga na mesa de profe. Grazas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario