domingo, 11 de outubro de 2015

1ºA. DE TODO UN POUCO...

Anxo trouxo una medalla da que está moi orgulloso e contounos como a conseguirá xogando ao tenis.

Yoel trouxo un álbum de animais para ver cos compañeiros.

A libreta de huellas foi parar a casa de Anxo para completar una nova folla.

Breixo trouxo dous debuxos para decorar a aula.

Durante a semana temos momentos de xogo que dunha ou outra forma tamén forman parte da nosa aprendizaxe no colexio.
 








 



A nosa clase está quedando cada día máis bonita coas vosas aportacións. Grazas!.
 
 Unha nova libreta empezou a circular polas vosas casas. É a libreta dos nomes, na que os nenos escriben palabras coas letras dos seus nomes. Alba foi a encargala de iniciala.

Debuxos das miñas princesiñas para decorar a nevera da profe!

Como nos gusta ir a Informática!








Breixo e Héctor fixéronnos una presentación de fotos de animais que viron na súa escapada a Cabárceno fai un par de fin de semanas. Quedounos claro que o pasaron pipa. Contáronnos moitas cousas interesantes sobre os animais!




Édgar fixo a súa aportación á libreta de huellas. Unha chulada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario