sábado, 10 de outubro de 2015

1ºA. PROXECTO CORPO HUMANO

Aquí tendes algunas fotos das cousiñas que fixemos esta semana no noso proxecto do corpo humano. Estivemos a falir dos 5 sentidos: gusto, tacto, olfato, vista e oído.
Estivemos a aguantar a ver canto tempo podíamos estar sen pestanexar. Estivemos escoitando sons tratando de averiguar que eran.
Probamos algúns dos sabores primarios: o ácido do limón que nos encantou a moitos; o doce do azucre; o amargo do café que foi o que menos éxito tivo e; o salgado da sal mariña.
 Tamén nos atrevimos a mesturar o zume de limón co azucre que estaba boísimo e o zume de limón co sal que non estaba tan bo.










A profe tamén nos soltou un rollo de porqué era tan importante lavar as mans varias veces ao día e nos dixo que nos ía demostrar que tiñamos as mans cheíñas de bichos, microbios, xermes...que é mellor eliminar xa que algúns destes en moita cantidade, se entran no noso corpo , nos poden producir enfermidades. Para iso, trouxemos unhas placas que teñen" comida" que lles encantan aos fungos. En dúas deixamos as nosas pegadas ao voltar do recreo. Noutras dúas placas engadimos unha mostra que fomos buscar ao wc cun bastoncillo dos oídos! Qué noxo nos deu! Isto de ser científico tenche cada cousa! E por último , collimos mostras da saliva de dous compañeiros! Isot deunos moito a risa! A volta destes tres días sen cole imos ver o resultado! A ver que creceu!

























Ningún comentario:

Publicar un comentario