xoves, 9 de xuño de 2016

ACROBACIAS

Anxo goza de moi boas aptitudes para a ximnasia. É algo moi valorado polos seus compañeiros/as.  Ademáis é algo que o motiva ao máximo e pode estar minutos e minutos adestrando no patio.
Cando estamos nun grupo, que nos valoren , que saiban percibir as nosas grandezas e cualidades, é unha gran recompensa. Inda hai una segunda fase! Que o resto do grupo se beneficie de esa fortaleza e isto é o que está a acontecer nos últimos días. Os peques empezaron a fixarse no que facía, como o facía, lle preguntaban como tiñan que colocarse...e así estamos agora: xuntos, a facer acrobacias, de aquí para alá, cadaquen aportando a súa idea.... Así que aunamos un montón de cousas interesantísimas para os peques: creatividade, movemento, superación, axuda... E se a todo isto lle engadimos a dirección técnica de Ainoa pois mellora a cousa.















3 comentarios:

  1. Ver este compañerismo é fantástico!. Son uns cracks!!! Grazas Giovanna por saber sacar o mellor dos nosos fillos. Adoran ir ao cole, co curso a punto de rematar e continúan erguéndose polas mañás con moitísimas ganas de aprender!!!

    ResponderEliminar
  2. Menudo artistazo este Anxo!!!!! Incrible todo o que facedes, aprendedes e o xenial que o pasades. Grazas por todo profe eres incrible.

    ResponderEliminar