luns, 7 de decembro de 2015

1ºA. 2-6 DE DECEMBRO

OLA FAMILIAS E PEQUES!!
EMPEZAMOS DECEMBRO, O ÚLTIMO MES DO ANO!
 
Esta semana estivemos a falar de hábitos de hixiene e limos un libro sobre estar limpos, requete limpos. E en particular, falamos da hixiene bucal e fixemos esta ficha tan chuli sobre que alimentos lles gustaban e cales non aos nosos dentes
 

Estivemos a facer sumas usando dous dados. Xa temos na clase algún expertos en sumas!




A libreta de huellas foi de visita a casa de Hugo e veu de volta máis bonita aínda.

Levamos para casa os nosos mandalas que ían decoradas coas landras que nos trouxo Nuno.

Foi o turno de Héctor de contarnos un conto. Xenialísimo! Encantounos!





Yoel ensinounos uns ovos que decorou  na casa e logo agasallou dous deles a dous grandes amigos.

Tivemos varios pens esta semana. Breixo trouxo fotos dalgúns dos traballos que está a facer na casa, co tangram e co libro de debuxos.

Coas fotos do tangram os peques empezaron a dicir cousas ás que se parecían. Saíron cousas moi simpáticas!



Ainoa ensinounos tamén como traballou co libro de debuxos! Os compañeiros alabaron os seus debuxos!



Yoel trouxo máis fotos dos seus traballiños na casa!


Esta foto era moi graciosa. A súa irmán parecía ter cabeza de dinosaurio!

Xabi compartiu connosco un libro moi especial que traía unha lupa.

E Ruth compartiu connosco xogos do corpo humano. O que máis lles gustou foi a barriga co bebé!





Nicole é experta en patinaxe!










E Breixo é experto en facer manualidades. Ensinounos algúnhas das súas obras. Tivo un agasallo especial para o seu amiguísimo Héctor, un cuadro!! Héctor estaba encantado!


Breixo trouxo un traballiño para cada neno da clase para colocar no picaporta do noso dormitorio!! E ata para a profe!!! sí que traballou! Todos con debuxos e mensaxes!


O de Héctor , super personalizado, para o noso super experto en dinosaurios!


E logo Breixo preparou un para a nosa clase!


Anxo leunos o conto de Bambi!

A libreta de roupa foi ata a casa de Breixo.

A libreta de nomes engadiu un máis: Alex.

Nuno engadiu a súa folla á libreta de roupa.

Os debuxos en 3D estanse a facer populares. Este é de Nicole. Esta semana tamñen andiveron a facer sobres! Uns ensinan aos outros!

Édgar fixo una lectura teatralizada coa súa nai, Sonia, e os seus bonecos do conto "Corre, corre cabaciña!"



A parte máis divertida, ver rodar a Édgar coma se fora a cabaza!

As palabras bonitas de Sheila.

A libreta de huellas foi ata a casa de Julia e veu así de bonita!

A libreta de roupa por Nerea.
 
O poema de Breixo:
 
O POEMA DE HÉCTOR:
 
A L IBRETA DE ROUPA POR ISABELA:
 
AS PALABRAS BONITAS DE ALBA:

Ningún comentario:

Publicar un comentario