luns, 2 de maio de 2016

1ºA. INTERCAMBIO CO 1º DO CEIP BALAÍDOS DE VIGO

Ola familias!
E cando todo parece que remata nos empezamos un novo proxecto!
Imos facer un intercambio de correspondencia con outro primeiro de primaria.
E nós fomos os primeiros en comezar esta andaina.
A semana pasada enviamos aos nenos e nenas de 1º do Ceip Balaídos de Vigo un paquetiño con cousiñas para que montaran un mural e de paso nos coñeceran.






















Agora, esperamos impacientes que eles nos manden algo.
Póñovos  o enlace ao seu blog porque a súa mestra puxo moitas fotos onde se ve xenial o resultado.
Ademáis xa lle escribíramos que tiñan que mandarnos unha foto co mural rematado así xa cumpliron co noso desafío.
Aquí tendes a proba nenos!
BLOG DE 1º DO CEIP BALAÍDOS DE VIGO


2 comentarios: