xoves, 12 de maio de 2016

1ºA. EUROS

Empezamos a traballar con euros(BILLETES DE 50, 20, 10 E 5; MOEDAS DE 1 E 2 EUROS), cos céntimos inda non.
Propóñolle unha cantidade que teñen que conseguir .
Ao revés, imos poñendo e sacando billetes e moedas e dicimos canto hai. Por exemplo, se temos 22 euros e quito un billete de 10 euros, dicir canto teño agora.
Separamos as decenas das unidades, por exemplo, se queremos 22 euros pensamos en que primeiro necesitamos 20 euros e logo teño que conseguir 2 euros.
A algún peques gústalles buscar diferentes formas de conseguir a mesma cantidade. Por exemplo se temos un billete de 20 euros, cámbialo por dous de 10.











Ningún comentario:

Publicar un comentario