luns, 23 de maio de 2016

1ºA.TRABALLO CON DATAS E OS APELIDOS.

Fixemos esta ficha para familiarizarnos coas dúas formas de escribir a data. O traballo co calendario cóstalles bastante pero cando o dominan failles sentir seguros. Son moitas as vantaxes de localizarse no tempo dentro dun calendario: canto falta para ir de excursión, para o festival, para irnos de vacacións, etc. O que sí me sorprende é que aínda hai moitos nenos/as que non se saben a súa data de aniversario.




 Tamén estamos traballando cos apelidos e que mellor forma que cos nosos propios. A profe Raquel pasoume estas fotos e estaba agardando para usalas nalgunha ocasión especial. Despois de mirar detidamente as fotos e ver o moitísimo que cambiaramos en só uns aniños, recortamos as fotos e fixemos o noso mural ou libro dos apelidos. Quedaron xenial. Houbo quen lle puxo moitos corazóns a foto de Arón que segundo a sección feminina está guapísimo!! jaja!












 Fai unhas semanas fixéramos esta outra ficha de apelidos aproveitando que nos apareceron as siglas no libro de lengua. Así tamén aproveitamos para afianzar o número de clase que xa case todos os nenos/as controlan.  Recordarlles que sempre se escriben coa primeira letra en maiúscula.



E aquí tendes as fotos!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario