domingo, 6 de decembro de 2015

1ºB PRIMEIRA SEMANA DE DECEMBRO

Boas familias! Aquí tedes o pequno resumo de esta primeira semana de decembro en clase.
Comezamos con dous CONTACONTOS estupendos, ALEX  e DANIELA



Tivemos moitas LIBRETAS VIAXEIRAS por clase.

ADRIÁN e CLAUDIA trouxeron a libreta coas letras do seu nome.
 
NICO fixo un debuxo moi bonito
 
BRAIS e ALEX inventaron dous difíciles problemas matemáticos







CLAUDIA e LUIS fixeron bonitos debuxos con huellas

SAMUEL e PABLO  imaxinaron como verían o mundo se fora de cor rosa

 
AINHOA e YAIZA describiron o que os seus compañeiros levaban posto.

FERNANDO contounos una bonita adiviña


Ademais tivemos dúas EXPERTAS  fantásticas.

PAULA experta en animais. Que ademáis da súa gran explicación veu acompañada da súa nai, Sonia, que traía unha sorpresiña....moitas grazas! encantounos!







 
YAIZA experta en baile. Primeiro fixo ela unha demostración e logo sacou a toda a clase a mover o esqueleto ao seu ritmo.
 


Esta semana fixemos moitos TRABALLOS xuntos.

Un deles consistía en diferenciar nomes de cousas que levaran R forte ou suave,







Fixemos SUMAS e RESTAS utilizando unha baralla de cartas moi especial.




Leimos en clase o conto "limpos, requeté limpos" e fixemos traballos sobre a hixiene corporal. Ata aprendimos unha pequena canción.







Outro día fixemos un traballo moi divertido no cal nós mesmos nos convertemos en médicos e médicas





Tamén houbo unha concidencia de merenda na clase, e xusto nas dúas Antias.
 
Tamén tivemos tempo para xogar, pois xogando tamén aprendemos








 

Estivemos novamente na aula de psicomotricidade xogando un pouco ás rimas dos animais que tanto nos gustan e tan ben nos sabemos,
 
 

E para rematar a semana, algo que nos fixo moita ilusión!!!  Emma a nai de Nico veu a contarnos un bonito conto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario