O venres empezamos con máis fotos para o photocall e despois disfrutamos dunha sesión de cine na que puidemos ver algúns cortos. Logo fomos actuar e despois estivemos na aula de psicomotricidade facendo algo de exercicio (e de paso esperábamos polos nosos compañeiros que estaban a facer de presentadores). Entón foi o momento da merendola! E para rematar este día tan especial, unha sesión discoteca, que foi o máis do máis. Gustoulles tanto que invitaron a un montón de nenos e nenas doutros cursos que se pasaron pola nosa aula a bailar un rato.
![]() |
Ningún comentario:
Publicar un comentario