venres, 3 de xuño de 2016

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Ola familias
A nosa saída de fin de curso será o venres 17 de xuño.
Iremos pasalo ben a un parque de ocio, "LA NAVE" e logo, iremos de picnic e a xogar ao parque do Galleiro.
Sairemos do cole ás 9:15 aproximadamente. Estaremos no parque de ocio ata ás 13 máis ou menos. Alí tomaremos unha merenda que está incluida na excursión. Avisade por favor de algunha alerxia ou intolerancia alimentaria para que nos adapten o menú para ese neno/a.
Logo iremos ao Parque do Galleiro a comer e a xogar.
A chegada ao cole está prevista para as 17 horas.
Os peques terán que levar unha mochila con bebida e comida para tomar no Galleiro. Aconsellamos que leven roupa cómoda e de calzado, uns tenis de velcro ou que saiban poñerse e quitarse eles mesmos (para subir o rocódromo teñen que poner os tenis). Teñen que ter calcetíns para o parque de ocio (sería convinte que levaran unha muda de calcetíns).
A esta saída imos estar acompañados do alumnado de 2º de primaria.
En breve mandarémosvos nota.
O prezo da saída rondará os 10 euros.

https://www.facebook.com/lanavevigo/
http://lanavevigo.com/prueba/

Do parque do Galleiro xa vos falamos AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario