domingo, 17 de xaneiro de 2016

1ºA. 11-15 DE XANEIRO

 Ola familias!
Esta semana fixemos algunha das nosas arañas matemáticas. Xa temos a algún experto nelas.

Non é a primeira vez que temos ovos na clase, esta vez de codorniz.

Estes días este é o cd que estamos a escoitar. Case sabemos de memoria a canción dunha vella inda que non atopei vídeo en YouTube desta!








Estivemos a falar do tempo meteorolóxico e xusto ese día, choveu, fixo sol, saíu o arco da vella, caeu granizo. Foi xenial.



A libreta de pegadas de Saray.

Do 1 ao 10 de Breixo.

Ainoa trouxo un pen no que traía unas fotos que quería compartir connosco dalgúns traballos que estivo a facer na súa casa.


O aniversario de Ainoa con estas dúas pedazo tartas que estaban riquísimas.

Cada vez buscan combinacións máis complicadas!

Un xogo que tamén podedes facer con eles: propóñolle unha palabra e buscan unha palabra nova cambiando unha soa letra.

Do 1 ao 10 de Xoel.

As palabras bonitas de Isabela.

Na paxina web do IGE estivemos a buscar cantos nenos se chamaban igual ca nós en Porriño. Unha páxina xenial na que podedes ver os nomes do recén nados,a frecuencias dos apelidos...
cantos nenos/as hai en porriño co teu nome?
Cando vos poñedes encima de Porriño indícavos o número.
Na nosa clase "David" é o nome con maior frecuencia.

As pegadas de Yoel.

Do 1 ao 10 de Anxo.

A libreta de roupa de Sheila.

Estamos a facer oracións con pictogramas, nas que algunhas das palabras as sustituímos por algún debuxo. Para practicar convosco preparei unha libreta que Arón inaugurou.

Sabela e family foron quen de facer a súa propia nube de palabras cos seus nomes!!!

Anxo quiso ensinarnos un títere culebra e Edgar ensinounos unha cuncha especial que atopou na Praia.

En informática estivemos a practicar a eliminar unha foto dunha diapositiva de power Point e a que nos valía a ampliamos de tamaño.

Tamén engadimos novos xogo no blog na páxina WEB.



O venres tomamos o que nos quedara da merendola de antes da vacacións de inverno.


Para a semana que ven os peques teñen que traer unha caixa dada a volta para convertila nunha casa. Aquí tendes tres exemplos que preparei: a casa vermella e verde é cunha caixa do Burger King; a rosa é unha caixa de cereales; o circo fíxeno coa embalaxe do bizcoito que trouxo Sabela a semana pasada.É importante que lle deades a volta lista para pintar  para que poidan usar témpera.


Estes son os tres contos que lles contei esta semana. Sempre me olvido de sacarlles fotos!

Aquí tendes un dos libros do tempo:

O poema de Yoel.

Aniversario de Ainoa, incluíndo o super hit "HAPPY BABY" que tivemos que mellorar!

O aniversario de Emma. Esta vez co  HAPPY BIRTHDAY 2.0.!

A adiviña de David.

Ningún comentario:

Publicar un comentario