venres, 22 de xaneiro de 2016

1ºA. 18-21 DE XANEIRO

Ola familias e peques!!!
Aquí tendes algunas fotos desta semana.


Algúns peques xa son capaces de facer cálculos mentais moi bos!

No noso estudo do calendario e o tempo meteorolóxico estivemos a falar da roupa que usamos cando vai calor e cando vai frío. O difícil foi debuxalo !

 Os nosos trens calendarios! Aínda hai bastantes nenos/as que lles costa ordenar os meses!








Os contos desta semana. Unha serie de tres libros con dúas historias por libro.

Libretas viaxeiras. Algunha libreta xa está dando a segunda volta. Recordarvos que non é obrigatorio facer unha aportación á libreta, e totalmente voluntario. Os peques poden disfrutan das follas que están feitas e ter algo que ler que está feito polos seus compañeiros/as, un lujo!



O noso buzón vai enchéndose de cartas dos peques coas súas mensaxes!

Breixo ensinounos fotos da súa nova mascota.

Grazas peques polas vosas notas, mensaxes e agasallos feitos por vos mesmos/as, son peqeunos tesouros para mín!


Os maiores trouxéronnos o periódico así que estivemos a ollalo, sobre todo e tempo que era o que estivemos a ver estes días.


Esta semana estreamos uns cantos xogos novos.





Cambiamos unha letra para facer palabras novas.

Xogamos a palabras encadenadas.





Yoel trouxo esta bola terráquea que a algún peque hipnotizou.






 Esta é a folla que levaron para facer na casa xa que había moitos números que necesitabamos axuda de mamá ou papá para completar.



O venres repartimos o correo da semana. Aos peques encántalle recibir correo pero igual de bonito e facer cartas para os compis! Animade aos vosos peques a que fagan alguna cartiña!

Vimos fotos dalgúns sitios de Porriño a ver se os recoñecíamos( a biblioteca, centro de saúde, correos...) e falamos do que nos ofrecían e a que podíamos ir alí.
Tamén estivemos a ver que nenos/as vivían na beirarrúa par ou impar!
En informática seguimos a facer cousiñas en Power Point.
E estivemos facendo planos dos nosos dormitorios; vimos algún e parecía sinxelo pero ao intentar facer os nosos propios planos atopámonos con algún problemas inda que a algúns se lles deu xenial. Algún peque dixo que ía facer un plano novo en casa e que nolo traía. Xenial!
Tamén ensineilles uns "inventos" pero xa me dixeron que non valían para nada, ja ja!!!!

saúdos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario