domingo, 10 de xaneiro de 2016

1ºA. 7-8 de Xaneiro

Ola familias!!!
Espero que este ano novo empezara xenial!
Aquí tendes unhas fotos dalgunhas das cousas que fixemos os dous primeiros días deste segundo trimestre. Das vacacións de inverno viñeron un montón de libretas viaxeiras que os peques estaban desexando lernos, non temos fotos de todas!
Aproveitando o comezo dun ano novo imos volver repasar os nomes dos meses e traballar co calendario, así como escribir a data.

Dado un Número, na foto o 6, os peques dinme como podemos conseguilo, e eu llo escribo no encerado. É unha actividade moi sinxela pero incriblemente productiva que podedes facer con eles se lles apetece.





Ruth trouxo este mural tan chulo e contounos algunas das cousas que fixo nestas vacacións.

Fixen unas nubes de palabras cos seus nomes con diferentes tipos de letras, en maiúscula e minúscula. Gustoulles moito buscar o seu nome e o dun amigo/a.


Tamén escribimos un pouquiño na libretas de dobre pauta, na que estamos a facer un alfabeto.





Limos dous contos chulísimos nos que os/as protagonistas aprenden e defenden a necesidade de ser un mesmo: "Rosa Caramelo" e " Un camaleón en la escuela de los gatos".




En ciencias empezamos co noso novo proxecto. "Porriño". Estivemos a ver onde estaba Porriño usando os mapas e fixemos un libriño. Aquí Breixo ensínanos o seu.

Sabela, a nena máis peque da clase, quixo celebrar o seu sexto aniversario con todos os compis da clase e trouxo dous pasteis!!!
Saúdos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario