luns, 11 de xaneiro de 2016

FACER NUBES DE PALABRAS

Algún nenos/as dixéronme que os seus papis e mamis querían saber como se facían as nubes de palabras. Uso un programa gratuíto que se chama Tagxedo(necesita Silverlight, que suele ofrecercho cando intentas usar Tagxedo; podedes instalar os dous sen problema). A min só me vai con Mozilla(non me vai nin co Explorer nin con Chrome). Unha vez que estades dentro darlle a pestaña "Create" e escribide as palabras separadas por comas na Caixa grande (é en inglés asi que non admite tildes nin a ñ, da error logo nas nubes). Cando poñades todas as palabras clicades en "submit" e xa tendes a nube. Logo en "theme" podedes cambiar os colores e en "shape" a forma. Básicamente con iso xa vos da moito xogo para facer nubes cos peques. A ver se vos vai e vos gusta!

Se sodes de ver tutoriales en YouTube aquí o tendes

1 comentario: