sábado, 23 de xaneiro de 2016

1ºB: 18 ao 22 de xaneiro

Empezamos cunha mostra das libretas viaxeiras de esta semana! Mirade canto traballan todos/as en casa!!!




 
 

Continuamos co novo proxecto, Pablo e Nico aportaron novos instrumentos a nosa investigación
Como parte do proxecto estivemos estudando esta semana o tempo atmosférico!
Fixemos un libro e nós mesmos nos transformamos en meteorólogos.


Tamén traballamos cos periódicos esta semana, vimos as partes (sección) nas que se divide, cada quen buscou a noticia que lle chamou mais atención... e por suposto miramos o mapa do tempo.




Ademais en lingua "estudamos" o abecedario, ainda que case todos xa o sabían de memoria!
 Fixemos un estudo cos nosos nomes, e comprobamos cantas letras, vogais e consoantes, tiña cada un.

 
En matemáticas tamén estamos aprendendo moitas cousas, estamos a facer moito traballo de sumas e restas mentais, pero tamén de series numéricas, aquí tedes unha mostra.


Xogamos con xogos novos que despertaron o noso inxenio.


Tivemos momentos novedosos, Ricardo e Antia.R quixeron ensinarnos uns xoguetes. Miguel trouxo unha flor preciosa con material reciclado e Claudia inventou unha "canción" para o Entroido.


Aquí os nenos/as que esta semana trouxeron froita

Tivemos dous cumples!!! PARABÉNS LUIS E AARÓN!!!!!



Coma sempre estivemos na biblioteca e en informática. Nesta ultima empezamos a traballar co PowerPoint. Nos despedimos ata a semana que ven cunha foto que mostra o concentrados que están todos/as cando traballan!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario