venres, 29 de abril de 2016

Charla de Nerea e Xabi. Venres 29 de abril

Estamos aprendendo un montón de cousas dos animais, sobre todo dos cans, xa que levamos una cantas charlas, e cada vez dunha raza diferente. Xa preguntamos se lles cae o pelo, se lles gusta bañarse, se ladran...
Este venres foi o turno de Nerea que estivo acompñada pola súa nai que trouxo a súa cadela e os seus dous cachorriños. A cadela volvíase toliña coa pelota, foi co que máis disfrutamos! E coma non, cos coliños que lles damos!
















E Xabi estivo acompañado do seu avó que nos trouxo un can de caza ao que lle encantan os nenos porque non deixou de xogar e lamelos!! É aínda un cachorriño e é experto en ir tras os coellos. Xabo contounos que era moi listo e que non había forma de enganalo , inda que nos refregásemos un coello pola cara! Jaja! Xabi é xenial contando as cousas!







Ningún comentario:

Publicar un comentario