sábado, 16 de abril de 2016

1ºB 11-16 abril

Comezamos a semana facendo un esquemiña para clasificar aos animais.






Xa que esta semana non fomos a saída fixemos un traballiño e imaxinamos a onde nos gustaría ir se poidermos elexir, saíron cousas moi interesantes!!! París, Barcelona, Antártida, Congo....





Tivemos periódicos por clase e aproveitamos para repasar as partes que este ten, atopar os titulares que nos parecían mais interesantes..








tivemos tempo para xogar, ir a biblioteca e a informática


Tamén decoramos a letra "C", traballo que nos pediron que fixeramos dende a biblioteca do centro para formar entre todo o cole a palabra BIBLIOTECA con motivo do Día Internacional do Libro










Coma sempre andiveron libretas por clase
E como non tivemos Educación Física o xoves pasamos un pouco mais de tempo no patio. A verdade é que fixeron moito exercicio!!! non paran!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario