martes, 5 de abril de 2016

1ºA. INVITACIÓNS PARA UNHA FESTA

Esta tarefa gustoulles moito. Fixemos un bolsiño de papel. E mentres estaba a secar, cada peque ideou una festa que ía facer na súa casa a que ía invitar a 6 compañeiros/as. Había de todo: festa de terror, de cabaleiros, de romanos, de Frozen, de pixamas, festa das flores.... Preparamos 6 invitacións indicando o día que imos facela, co que traballamos outra vez o calendario e usamos a exclamación para una frase inxeniosa que lle viñera xenial a nosa festa: ¡trae o teu pixama! ¡pasarémolo xenial! Engadimos a nosa sinatura, o que nos fixo moita ilusión.
E por último repartímolas, e non vexades que serios se puxeron a repartilas. Logo lemos co noso compañeiro a que festas nos invitaron.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario