xoves, 28 de abril de 2016

1ºA. EXPOSICIÓN ORAIS " OS MEUS AMIGOS ANIMAIS". MÉRCORES 27 ABRIL

Sabela estivo acompañada do seu pai na súa exposición oral e falounos de dous animais: unhas pombas e un coello.
As pombas, non eran unhas pombas calquera...eran as pombas dun mago!!!! Saben saír de sombreiros, de pañuelos, facerse o morto... Son as pombas do seu padriño mago!! Puidemos tocalas, deron unhas voltas voando pola clase...
Co coello xa foi distinto, o pobre estaba moi desconfiado de nós e non quixo saber nada de nós e non quiso saír da caixa.
Moitas grazas por tan estupenda colaboración.









Isabela tiña preparada unha sesión de fotos sobre o seu can e contounos moitas das cousas que sabe facer.


Breixo estivo acompañado pola súa avóa e o seu gato que de momento leva o premio ao máis asustado. Non está acostumado a saír da casa e a ir en coche aí que estaba moi mosqueado. Ademáis Breixo púxonos unhas fotos do gato na súa casa a medida quenos ía contando cousiñas: o que lle gsutaba comer, os seus coidados, donde lle gustaba acostarse...



Nicole estivo acompañada pola súa nai e a súa cadeliña que estaba encantada de estar con nós na clase. Faluonos dos seus coidados, da raza, do que comía, etc.




Ningún comentario:

Publicar un comentario