venres, 25 de setembro de 2015

1ºA. PROXECTO DO CORPO HUMANO

Edgar trouxo da casa un xogo para practicar o nome das partes do corpo, os nomes dos ósos e dalgúns órganos. Explicounos como se xogaba e deixounolo probar. Moitas grazas.
 


A profe propuxo un reto nada doado. Chuparse o codo! ja, ja! Non fomos capaces e iso que parecía moi sinxelo!





Xabier propúxonos outro reto. Cando o facía él parecía sinxelo pero cando o intentamos nós...so algúns foron capaces de conseguilo.




 
Tivemos unha visita moi especial. MANOLO!!! Si, si, Manolo!


Grazas a Manolo puidemos rematar o noso esquelete que nos quedou chulísimo. Tamén din os nenos que Manolo parece que se namorou na nosa clase!




 
Limos o libro "Plantas " do xaponés Genichiro Yagyu co que aprendimos un montón de cousas moi interesantes e que nos deu ideas para facer na clase para a próxima semana.
 
 Como no libro dicía que nos aplaudíramos coas plantas dos pés e somos moi obedientes...





Ningún comentario:

Publicar un comentario