mércores, 23 de setembro de 2015

1ºA. ARÓN, EXPERTO EN FÚTBOL

Inauguramos o noso proxecto "Experto en..." con Arón, experto en fútbol. Contounos un montón de cousas: en que club xoga, como é o seu adestramento, que leva na súa bolsa de vestiario, como se poñen unas espinilleiras... De seguro que me olvido dun montón de cousas!
Ensinounos o seu álbum de cromos e comprobamos que coñece a todos os equipos da liga pola súa equipación. Contounos que ler os nomes dos xogadores axudoulle a aprender a ler. E iso que algúns son rarísimos!
Trouxo un futbolín que foi a envexa dos moitos futboleros da clase e ensinounos o que é un fóra de xogo, un saque de banda, un saque de corner, un penalti...
Tamén nos ensinou o seus pequenos tesouros: as súas camisetas de fútbol e os seus balóns favoritos.
E para rematar, saímos o patio e amosounos as súas dotes como guardameta.
Grazas Mami por traernos todas estas cousas. Como nos gusta ter visitas!
 













Ningún comentario:

Publicar un comentario