venres, 26 de febreiro de 2016

1ºB 22-26 febreiro

Como sabedes esta semana estivo marcada polo comezo das XORNADAS CIENTÍFICAS, que ben o pasamos e canto aprendimos!!!
Luis, Uxía, Álex, Miguel, Brais, Antía.S, Amanda e Samuel nos explicaron un montón de experimentos super sencillos e interesantes que podemos practicar na casa!!!




Tamén falamos en clase sobre a importancia de reciclar, os dintintos contenedores e limos un conto que levamos para casa a colorear!
 
Os nenos/as de valores traballamos o conto ESTA BEN SER DIFERENTE, un dos contos preferidos da mochila viaxeira,  e fixemos un pequeno video que esperamos vós guste!!! Logo o compartimos co resto da clase


Coma sempre tivemos moitas libretas por clase.

Ademais como sabedes foi a semana da froita no cole, a algunhos/as costoulles un pouquiño eso de comer froita... pero en xeral estivo moi ben! Ademais ´tivemos una canción de "banda sonora" para acompañarnos estes días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario